O uso que lle dou eu ao meu ordenador foi diminuíndo co paso dos anos.De pequeno utilizaba o ordenador para xogar a multitude de xogos, xa foran online ou non.Despois fun descubrindo novas cousas que facer no ordenador como documentos de texto, presentacions,etc. Xa con 12 ou 13 anos aparte de xogar a xogos e demais creei o meu primer correo electrónico en hotmail para poder utilizar a rede social messenger.
O messenger é un programa de mensaxería instantánea que ahora mismo está practicamente obsoleto.
Logo descubrin o Tuenti: unha rede social na que podes subir fotos ao teu perfil,tes un muro onde outras persoas che poden escribir comentarios e tamén un chat para falar individualmente con calquera dos teus amig@s,co tempo, deixei de utilizala.
Despois creei o meu segundo correo electrónico esta vez en Gmail e a base de facer traballos para o colexio fun descubrindo moitas das súas utilidades. Cada vez eu dáballe menos uso ao meu ordenador e cando porfin tiven un smartphone con 14 ou casi 15 anos empecei a utilizar menos o ordenador. Ahora con 16 anos practicamente o único uso que lle dou eu ao ordenador e para facer algún traballo para o instituto ou tamén para buscar algunha noticia sobre algún tema que me interese xa que todo o que fago no ordenador podo facelo perfectamente desde o meu smartphone menos documentos de texto,presentacións...que aínda que se poidan facer no smartphone cousa que non sei nin tampouco me molestei nunca en averiguar xa que para escribir textos largos e demais cousas resúltame máis fácil facelas nun ordenador.
Grazas a todos os que vos molestastes en leer este texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario